Dende o Faro

Blog para facer comentarios persoais sobre política e educación

lunes, mayo 16, 2005

Empezamos a navegar

Esta é a miña primeira experiencia nunha bitácora. Acabo de soltar amarras pero non sei ben que rumbo coller. Nesta primeira singladura deixarei que o vento me leve coa axuda dos vosos comentarios.
A primeira idea que se me ocorre e falar de asuntos educativos, por dúas razóns. A primeira delas porque a educación é fundamental para o desenvolvemento humano e dela depende a nosa libertade e o noso benestar. A segunda porque levamos anos con cambios que nada cambian, con leis que non serven para nada, pero que moitos alumnos están sofrindo as súas consecuencias como víctimas inocentes.
¿Cales pensades que poden as consecuencias inmediatas da nova lei?
¿Que opinan as familias sobre a educación dos seus fillos nestes momentos no ensino público?
¿Que opinan os alumnos do ensino que reciben?
A ver de onde sopla o vento......

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio