Dende o Faro

Blog para facer comentarios persoais sobre política e educación

martes, mayo 17, 2005

Día das Letras Galegas 2005

Día santo. Sen traballo e tamén sen conciencia.
Hai tempo non era festivo, pero era reivindicativo. O día naceu coa intención de coñecer os nosos escritores e ao mesmo tempo tomar conciencia de usar a nosa lingua para que non morrese, e primavera a primavera ir tirando polos anos. En canto se oficializou, pareceu que todo estaba xa feito. A Xunta encargase de todo. Gasta moreas de cartos en carteis e propaganda para que pareza que todo vai ben, que o idioma galego ten boa saúde, pero non é así. Ano a ano baixa o número de falantes e a xente moza cada vez úsaoo menos, sobre todos nas cidades. Os políticos dos partidos estatais (PP e PSOE) usan o galego como liturxia para os mitíns, pero particulamente optan polo castelán.
Hoxe os diarios trouxeron a primeira páxina en galego, só a primeira e unha vez no ano. Iso é todo o que fan pola normalización, e como recompensa reciben moreas de cartos da Xunta de Galicia polos "servicios prestados" á nosa cultura.
Un día non chega a nada. Teñen que ser todos os días dos anos. Hai que apoiar os medios que usan o galego. Hai que darlle importancia social para que as familias o empreguen. Hai que defendelos en todos os estamentos e administracións. Hai que usalo correctamente na radio e na TV. Hai que buscar locutores/as e presentadores/as que teñan o galego como idioma principal e normal e que non se lles note que o están falando á forza.
Hai que facer moitíiisimas cousas ou deixarse desaparecer.
Hai que cambiar de camiño e de programa. Hai que cambiar de goberno.
Xa queda menos para o 19 de xuño. Espero non volver a disilusionarme unha vez mais...EPERO

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio