Os días contados do galego
Na anterior páxina laíabame de que a celebración do Día das Letras Galegas non tiña ningunha transcendencia para avanzar na recuperación do idioma, só para recordar que temos letras, que temos literatura e de boa calidade, pero hai que recordar que cada día temos menos falantes.
Ao día seguinte en La Voz de Galicia sae unha reportaxe co título de "AO GALEGO QUÉDALLE UN SÉCULO", ou sexa dez veces menos que as mil primaveras que predicira Cunqueiro.
Segundo apuntan dous científicos da Universidade de Santiago, facendo unha proxeción matemática e considerando as circunstancias políticas e sociais actuais afirman que " a alingua galega esváese, e pode que no ano 2100 empece a ser unha reliquia".
Xa vedes acaban de diagnosticarnos un cancro. ¿Que facer para superalo? ou simplemente agardamos a morrer sen dor...

0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio