Dende o Faro

Blog para facer comentarios persoais sobre política e educación

jueves, mayo 26, 2005

Empanada democrática

Na actual campaña electoral galega -eles din que precampaña, pero ninguén o cre- estanse a dicir cantidade de burradas e os argumentos para convencer o electorado son do máis irrisorio e cachondo, pero nunha falan das cousas que interesan, como pode ser a emigración dos xoves, o problema da vivenda, as dificultades en educación, o sistema sanitario, a falta de traballo para os xoves, etc. Pola contra utilizan a imaxinación cómica.
O día 24 de maio, La Voz de Galicia, publica o seguinte: "Fraga dice que el mitín de Silleda disipó sus dudas sobre el triunfo electoral. Opone las 23.000 personas que reunió el domingo las 6.000 de Zapatero en Santiago". Pero o máis curioso foi que contou as persoas polos CACHOS DE EMPANAA QUE REPARTIU.
Cabe preguntar, ¿foron os simpatizantes do PP por iniciativa propia ou pola empanada? Na época de Franco enchían a Praza de Oriente a base de bocadillos.
Teño medo de que a democracia actual, que xa ten bastantes eivas, se acabe convertendo nun reconto de anacos de empanada. Os únicos que estarán contentos son os panadeiros.
¿Será verdade que temos tanta fame? ¿Que futuro que pode agardar a un pobo que no que os seus cidadáns elixen os seus gobernantes por un cacho de empanada?

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio