Dende o Faro
Blog para facer comentarios persoais sobre política e educación
HAMAS DEMOCRACIA
Algúns temos a conciencia de que democracia é cando existe a posibilidade de participar nunhas eleccións libres, que os cidadán voten e que se acaten os resultados. Pero polo que se ve, isto só serve cando os resultados nos favorecen ou gañan os nosos amigos. Non hai problema para que todos participen, nin sequera os máis radicais, xa que de antemán pensamos que nunca van acadar suficientes votos. Pero cando a realidade nos di outra cousa contraria da que nós esperabamos, xa se empeza a poñerlle condicións á democracia.
Antes de coñecer os resultados nas últimas eleccións palestinas, todos afirmaron que foran limpas, correctas e con todas as garantías necesarias para os intereses occidentais, tanto da UE coma de EE UU. Pero ao abrir as furnas e ver que gañaba Hamas, xa se cambia o discurso e empezan as ameazas e quérese romper a baralla.
¿Por que tanta hipocrisía? ¿Por que a dobre linguaxe? ¿Por que os mortos israelitas son víctimas do terrorismo e os mortos palestinos –por certo moitísimos máis- son efectos da lexitima defensa do exercito xudeu?
Cada día é máis difícil crer nos “valores” e nas “boas” intencións dos gobernos Europeos. No caso dos EE UU xa todo sabemos cales son os seus intereses e que non teñen ningún escrúpulo moral para defendelos.
O SISTEMA NON FUNCIONA
O pasado 28 de xaneiro saíu un noticia na que unha xuíza suspende unha alumna de ESO que nun recurso a unha reclamación fora aprobada pola Delegación de Educación, a través do servizo de inspección.
No resume que se fai da sentencia observase como falla todo o sistema de control educativo, dende o centro ata os servicios de inspección: descontrol nas programacións, programacións sen revisar polos servicios de inspeccións, falta de constancia oficial e por escrito do proceso. Estas situacións non axudan a mellorar a calidade do ensino e dan unha mala imaxe para o sistema educativo.
¿Tratan as novas leis educativas e solucionar estas rutinas? ¿Como se vai controlar co cumprimento das normas? ¿Existe capacidade real para un cambio educativo que se adapta ás normas demandas e necesidades sociais?. Xa veremos, pero nas discusións educativas hai cousas das que nunca se fala.. son tabús corporativos.
O SISTEMA NON FUNCIONA
O pasado 28 de xaneiro saíu un noticia na que unha xuíza suspende a unha alumna de ESO que nun recurso a unha reclamación fora aprobada pola Delegación de Educación, a través do servizo de inspección.
No resume que se fai da sentencia observase como falla todo o sistema de control educativo, dende o centro ata os servicios de inspección: descontrol nas programacións, programacións sen revisar polos servicios de inspeccións, falta de constancia oficial e por escrito do proceso. Estas situacións non axudan a mellorar a calidade do ensino e dan unha mala imaxe para o sistema educativo.
¿Tratan as novas leis educativas e solucionar estas rutinas? ¿Como se vai controlar co cumprimento das normas? ¿Existe capacidade real para un cambio educativo que se adapta ás normas demandas e necesidades sociais?. Xa veremos, pero nas discusións educativas hai cousas das que nunca se fala.. son tabús corporativos.
EDUCACIÓN E FORMACIÓN DOCENTE.
¿Vostedes imaxinan un hospital que seguise utilizando os raios X no canto do TAC? ¿Imaxinan unha operación con bisturí onde se pode utilizar o láser ou calquera das novas técnicas?¿Asistiría vostede á consulta dun médico que a súa formación e os seus métodos son os de hai cen anos e que non tenta formarse para dar solucións axeitadas aos novos tempos? Estou seguro de cales serán as respostas. NON.
Pois resulta que en educación a resposta tería que ser SI. Cambiaron os tempos, cambiaron as familias, cambiou a sociedade, cambiaron as perspectivas de traballo e de formación, aparecen novas tecnoloxías que se usan na vida cotiá, pero non na escola. Cambiou a forma de relacionarse e comunicarse entre as persoas, pero sobre todo entre a xente nova. Temos uns alumnos que medraron cos medios audiovisuais e tecnolóxicos, que teñen cubertas todas as súas necesidades, que nunca se lles dixo non a nada, que son os reis da casa. Todo isto crea novas situacións e novas demandas.