EDUCACIÓN E FORMACIÓN DOCENTE.
¿Vostedes imaxinan un hospital que seguise utilizando os raios X no canto do TAC? ¿Imaxinan unha operación con bisturí onde se pode utilizar o láser ou calquera das novas técnicas?¿Asistiría vostede á consulta dun médico que a súa formación e os seus métodos son os de hai cen anos e que non tenta formarse para dar solucións axeitadas aos novos tempos? Estou seguro de cales serán as respostas. NON.
Pois resulta que en educación a resposta tería que ser SI. Cambiaron os tempos, cambiaron as familias, cambiou a sociedade, cambiaron as perspectivas de traballo e de formación, aparecen novas tecnoloxías que se usan na vida cotiá, pero non na escola. Cambiou a forma de relacionarse e comunicarse entre as persoas, pero sobre todo entre a xente nova. Temos uns alumnos que medraron cos medios audiovisuais e tecnolóxicos, que teñen cubertas todas as súas necesidades, que nunca se lles dixo non a nada, que son os reis da casa. Todo isto crea novas situacións e novas demandas.

0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio