Dende o Faro

Blog para facer comentarios persoais sobre política e educación

jueves, mayo 26, 2005

Escola para todo

Cando hai un problema social a primeira solución que se busca é a da escola.
Estes días están morrendo moitos mozos nas estradas galegas por problemas derivados de teren coches que acadan velocidades moi altas en combinación con alcohol altas horas de madrugada para retornas á casa.
Comentase moitos nos medios sobre a necesidade de tomar medidas, e a primeira delas é que hai que educar aos nenos na escola, pero ninguén se atreve a dicir que a escola non pode ir en contra da sociedade. Moitos dos problemas que ten son debido á incoherencia entre o que a sociedade fai e demanda o que a escola aporta.
As familias renunciaron á educación e ao control dos seus fillos e non lle poden pedir á escola que faga o que eles non son capaces de facer, porque ademais os rapaces volveríanse en contra da escola, xa que para eles é máis importante o que os seus pais pensas, que son con quen están mais relacionados afectivamente.
Caerá en saco roto o que diga a escola sobre calquera comportamento cívico, nomeadamente como conducir e circular polas vías públicas, cando a imaxe que se lles aporta aos xoves é a de todo vale, luxo, coches caros, irresponsabilidade, consumo, esmorga, etc.
Para que a escola poida educar eficazmente, primeiro haberá que darlle prestixio social e poñerse de acordo para que o que se ensine na escola sexa o mesmo que o que se ensina na familia, senón todos os esforzo e propostas serán en balde.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio