Frai exemplo é o mellor predicador
Sempre se dixo que a mellor maneira de educar é a través do exemplo. Por iso os pais e os profesores deben comportarse como esperan e esixen que se comporten os fillos ou alumnos. Esta teoría sabela todos, pero non sempre se cumpre.
Se queremos que os nosos alumnos cheguen puntuais á aula, os profesores temos que chegar antes que eles. Só se o facemos así poderemos reclamarlles o seu cumprimento con coherencia.
Se queremos que os nosos alumnos traballen e teñan as tarefas ao día, nós temos que facer o mesmo: corrixir no menos tempo posible, esixirlles os traballos aínda que custe o seu control.
Se queremos disciplina e respecto na aula, nós temos que ser disciplinados e respectuosos en todo momento. Debemos controlar a aula ao pé do canón, andando polos corredores, atendendo aos requirimentos, esixindo o traballo, impedindo a distracción. Os alumnos necesitan a nosa presenza continuada. Non podemos deixalos solos e marchar para o ordenador navegar por internet.
O clima escolar é cousa de todos: do equipo directivo, pero tamén de todos e cada un dos docentes, que deben colaborar e coordinarse entre si, para que os alumnos vexan coherencia e aprendan as normas sen contradicións entre quen ten o deber de ensinarllas. O que non se pode facer e pedir horas libres ou marcharse do centro para non participar nas actividades programadas.
